Vitoria do Grupo Lemaco A na derradeira xornada da tempada (36-22)

Vitoria do Grupo Lemaco A na derradeira xornada da tempada (36-22)

O Grupo Lemaco A impuxo a lóxica ante o Culleredo B, cunha saÍda no encontro de maneira fulgurante con gran superioridade no eido defensivo que permitía ás verdes correr cómodas na contra. No xogo posicional ante a defensa 5:1 das cullerdenses, as de Zarra movéronse a través de transformacións tanto da primeira como da segunda linea conseguindo claras situacións de penetración. O marcador no descanso reflexaba a diferenza de 14 goles(24-10). E como non, o pase de branco a negro onde a relaxación do segundo tempo foi palpable e onde o reparto de minutos en ambas escuadras puxo fin a unha temporada autonómica de moi boas sensacións(36-22). Con este resultado o Grupo Lemaco A finaliza como líder do Grupo na Copa Federación