Despois de dúas xornadas sen gañar, o Montaxes Carballo Xiria, lograba a vitoria como local, para facer valer a cuarta praza da táboa clasificatoria.
O equipo saíu moi enchufado ao partido cunha gran defensa abrigo nos primeiros 15 minutos de xogo, cun parcial de 8-3. Os visitantes tardaron en asentarse, pero o seguinte tramo de primeira metade lograba asentar a distancia e chegábase ao descanso con 15 a 9.
Tras o paso por vestiarios o Xiria saíu ampliando a súa vantaxe, ata os 9 goles, mantendo o nivel de xogo do resto do partido.
SAR cambiaba a unha defensa máis aberta e recortaba diferenzas ao contraataque. O Montaxes Carballo Xiria refíxose e organizou mellor o ataque posicional, o que levou o marcador final a 33 a 26.
Montaxes Carballo Xiria 33 – Sar Nosatún 26
Montaxes Carballo Xiria (15+18): Samuel Soneira (p), Antón Pardiñas (p), Diego Mourelle (3), Simón Viña (5), Andrés Pombo, Nicolás Cancela (5), Daniel Persical (4), Brais Suárez (5), Álvaro García (1), Marcos Varela (7), Aday Gómez, Jorge Rodríguez (3).
Sar Nosatún (9+17): Marín Barrio (3), Iago Carballo (2), José Ramón González (2), Pedro Ferreras (2), Anxo Figueroa (1), Adolfo Fernández, Guillermo Murillo (6), Román Lago (1), Guillermo Lago (9), Pablo González, Breogán Fáginas, Michael Iglesias.
Árbitros: Renzo Martín Díaz e Uxía Mariño.
Incidencias: Partido correspondente a 12ª xornada da liga Ouro xuvenil masculina, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).


