O Grupo Lemaco B despois da primeira victoria cosechada no Fogar a semana anterior no estreo da Liga Prata, desplazouse ata Abegondo para enfrentarse o equipo local que tamén vencera na sua estrea ante o Bm. Atlántico.
As carballesas dominaron o encontro de principio a fin, mostrándose sólidas na defensa 5-1 e conseguindo situacións claras de lanzamento no ataque. A diferencia no electrónico permitiu unhas rotacións amplas para as carballesas que puideron manter intensidade e velocidade durante gran parte do encontro.
Con esta segunda victoria, as carballesas sitúanse colíderes do seu grupo, por detrás do máximo favorito, o Bm. Culleredo, que cos mesmos puntos cas verdes, aventaxan na diferencia de goles cosechada. O xoves, as de Zarra visitarán ó segundo equipo de Culleredo en competición na procura de outro resultado positivo, cambiando o Instituto polas pistas de xogo