Segunda victoria do Grupo Lemaco ante a Sar de Redondela que acerca ás carballesas ó liderato do seu grupo a falta dunha xornada para o remate da fase de clasificación.
As do Xiria comenzaron mal o encontro, sobre todo no eido da defensa onde non conseguían conter as individualidades redondelás. Dezaoito foron os goles encaixados durante o primeiro tempo, guarismos non habituais que fixeron o encontro máis difícil para as do Xiria.
Na segunda metade as de Zarra saíron con outros folgos, conseguindo reducir as distancias a través dunha mellora defensiva que lles permitiu correr nas primeiras accións, e cando parecía que se metían de cheo no encontro, unha nova desconexión otorgaba ás pontevedresas unha máxima diferencia de oito goles(15-23, min. 42).
O cambio defensivo proposto a partir de ese momento cunha defensa 4-2 das locais, deu comezo a unha remontada que finalizaría ca victoria final das locais anotando un gol sobre a bocina(33-32) deixando os importantes puntos na casa.
O vindeiro sábado visitarán A Cañiza para intentar materializar ese primeiro posto que lles permita organizar o Play Off na casa