Victoria para un Calvo Xiria que segue crecendo na competición

Victoria para un Calvo Xiria que segue crecendo na competición

O Calvo Xiria que encarrilou o partido desde o principio; cun inicio demoledor, nuns moi bos 10 minutos, onde o equipo puxo un 8 a 2.

A intensidade e a concentración foron claves nuns minutos onde a defensa e o contraataque poñían distancia no marcador.

A partir de aí, o equipo mantívose nas tarefas que tiña que facer para chegar ao descanso 15 a 9.

Na segunda metade, os visitantes saíron con máis intensidade, algo que pasou xa nalgúns partidos pasados e que teñen que corrixir os verdinegros dunha vez por todas.

A vantaxe reduciuse aos 3 goles, chegados ao minuto 8. A defensa foi o que permitiu ao Calvo Xiria poñerse de novo con vantaxe de 6 goles, e un Darío Calviño en portería que relou a gran altura durante o encontro.

O resultado final foi de 24 a 19.

A próxima fin de semana os carballeses voarán outra vez a Gran Canaria para medirse ao Gáldar.

Calvo Xiria 24 – Sermather Ciudad de Tacoronte 19


Calvo Xiria (15+9): Darío Calviño (p), Antonio Mato (p), Aarón Rodríguez, Gabriel Castiñeiras (8), David García (4), Chimpo Rodríguez, Daniel Periscal (6), Diego Antelo (1), Orlando Salupassa, Jorge Bouzas (1), Carlos Varela (1), Diego Gago (1), Mario Cancela (3), Senén Garea.

Sermather Ciudad de Tacoronte (9+10): Adrián Pineda (2), Javier García (2), Ricardo García, Alonso Correa (1), Rubén Cubiles (1), Markel Moreno (5), Owen Fraind, Pablo Pérez, Yusef Mohamed (6), Francisco Fumero, Brahim Mohamed (2).


Árbitros: Pablo Manuel Barreiro e Christian García.


Marcador cada 5 minutos: 3-1, 8-2, 10-4, 10-5, 13-6, 15-9, (descanso), 15-11, 17-13, 20-14, 21-15, 23-17, 24-19 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 9ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).