VICTORIAS PARA OS EQUIPOS ALEVINS NA LIGA REGULAR DO GRUPO 2,NORTE

Este sábado os equipos alevins que participan no grupo 2 da liga desprazáronse unha mañá máis o pabellón San Francisco Javier da Coruña. Ambos voltaron para Carballo gañando os seus encontros.

Comezaron xogando os rapaces do Telepizza Carballo que eran sabedores da importancia do partido no que se disputaba a priemira plaza da liga.

Xa desde o quencemento os carballeses amosaron concentración e así o demostraron durante todo o encontro sendo claros dominadores tanto na faceta defensiva coma na ofensiva.

Xa dende o comezo do partido os carballeses amosaron unha alta intesidade sobre todo en defensa que con moitas axudas defensivas facían que os nenos do Liceo se amedrentasen e apenas lanzasen a portería e os lanzamentos que facían os rivais eran sempre con oposición o cal facía que o noso porteiro non tivese excesivos problemas en parar cada lanzamento.

Esta boa defensa foi a tónica de practicamente todo o encontro o que permitía recuperar balóns e xogar rápido para ter accións acertadas no ataque.

Bó partido de todo o equipo no que todos aportaron tanto en defensa como en ataque.

Victoria que coloca os nenos do Telepizza nunha meritoria e merecida primeira plaza.

Liceo la Paz Verde – Telepizza Carballo Xiria: 05-11

1er cuarto: 05-11

2o cuarto: 01-09

3er cuarto: 03-11

4o cuarto: 09-09

Dani (9), Unai (7), Andrés (7), Marcos (15), Nico (3) e Xano.

O seguinte encontro foi para as nosas nenas do Lemaco Xiria, que chegaban con moitas ganas de puntuar, xa que nos últimos encontros que xogaron amosaron un nivel moi alto pero non foron capaces de conseguir a victoria por moi pouco.

Onte conseguiron os ansiados e ben merecidos 2 puntos que as coloca quintas na clasificación empatadas a puntos cos cuartos, próximos rivales das carballesas.

Foi un encontro no que as nosas dominaron de principio a fin pero que a súa vez contaxiáronse dos rivais e baixaron a intensidade e cometeron erros os que non nos teñen acostumados.

Agora que as do Lemaco amosaron nos últimos 2 meses unha línea moi ascendente no seu xogo non poden baixar os brazos e deben intentar manter a intensidade de principio a fin en cada encontro para poder optar a estar entre os tres primeiros equipos da liga xa que polo nivel así debería ser. Xa non lles debe valer as carballesas con xogar ben e mellorar, esto xa o fan en cada partido, deben seguir pelexando como ata o de agora para demostrar que a pesares de ser o único equipo formado só por nenas teñen moito que decir e demostrar nesta liga.

Han de correxir de novo o atrapar os rechaces tralas paradas das nosas porteiras xa que eso supón goles fáciles para os rivais, e seguir sobre todo ca boa defensa que están a facer, roubando moitos balóns e axudándose unha a outras continuamente.

Destacar a Mencía que tanto en defensa como en ataque estivo moi atinada durante todo o encontro.

Investo Oar Cuidad – Grupo Lemaco Xiria: 04-12

1er cuarto: 06-11

2o cuarto: 06-09

3er cuarto: 04-11

4o cuarto: 02-14

Sofía (4), Elena (10), Ana, Clara (5), Mencía (18) e Noa (8).