VIPECÓN XIRIA 32 – EM CAMARIÑAS 8

Vipecón Xiria 32 (16+16): Iván, Heitor (2), Joaquín (3) ,Brais (5), Iago (1), Antón (5), Luís (1) –equipo inicial– Miguel (6), Martín (2), David, Chouci (2), Bisbi, Jorge (5).

EM Camariñas 8 (3+5): Alvaro, Bruno, Paco (2), Martín (5), Damián (1), Iago, Manuel -equipo inicial- Parga, Bieito, Pais.

Colexiados: Antonio Moledo e Juanjo Iglesias. Non influíu no resultado final nun encontro sinxelo.

O domingo remataba a fase previa de clasificación para a División de Honra cadete e o Vipecón Xiria impoñíase con claridade a EM Camariñas por 32 a 8. Deste xeito o equipo de Fernando Vázquez sumou 5 vitorias noutros tantos encontros e remata na 1ª posición da fase obtendo así o pasaporte para xogar na maxima categoría cadete, cuxa competición comeza o vindeiro sábado 4 de outubro. Xunto ao equipo de Carballo tamén se clasifican o OAR Caixanova, que será o primeiro rival do Vipecón Xiria, e a EM camariñas. O representante carballés rematou esta fase igual que a iniciara, e dicir, de forma incontestable e contundente fronte a un Camariñas que se amosou moi inferior e que acudía ao parqué da Zona Escolar sen algúns dos seus efectivos máis importantes. Así, foron os locais os que levaron a dianteira dende un principio no marcador, superiores en todas as fases do xogo e xogando cos rapaces menos habituais, demostrando desta forma que todos son importantes no equipo. En definitiva, un partido sen historia como xa demostraba o electrónico ao remate da primeira parte, 16-3. David non xogou, xa que tiña partido coa selección galega poucas horas despois e moitos dos xogadores que participaron da maioría de minutos no partido do día anterior dispuxeron de máis tempo de descanso neste.

A segunda metade non tivo máis historia que a primeira, co único aliciente de saber de canto ía ser a diferencia a prol dos locais. Ao remate, un incontestable 32-8 deixaba ben claro as diferenzas no partido entre un e outro equipo.

O próximo paso intentaremos dalo o vindeiro sábado 04/10/08, xa no inicio da liga e contra o potente OAR da Coruña, buscando ante a nosa afección a terceira victoria consecutiva fronte este equipo en pouco menos de un mes.