Vipecón Xiria 33 (14+19): Bisbi, Luís (2), Miguel (7), Brais (7), Iago (9), Antón (3), Ricardo -equipo inicial- Damián, Iván Lorenzo (1), Iván Eiroa, Heitor (2), Martín (1), Joaquín (1)
Bm Cisne Grupo Pirsa 25 (11+14): Alexandre, Carlos (3), Eloy (4), Diego (2), Pablo (6), Javier (5), Manuel (2) –equipo inicial- André, Jaime, Manuel (2), Iván (1)
Colexiados: Manuel Docampo e Julio López. Cometeron numerosos erros, pero sen influencia no marcador.
O Vipecón Xiria segue pola senda do trunfo e facendo un fantástico final de temporada. Os carballeses impoñíanse ao Cisne e ascenden ata a cuarta posición superando ao Teucro, aínda que estes teñen un encontro menos disputado.
Acudían os dous equipos a este partido coa falta dos seus lanzadores, por motivos técnicos no caso do equipo visitante e por lesión no caso dos bergantiñáns.
O partido foi feo, con dous equipos imprecisos que sumaban erro tras erro no seu xego. O Vipecón, falto de intensidade e concentación, levaba a dianteira no marcador por mor da súa maior calidade e desta maneira xa mandaba no electrónico ao remate da primeira metade, 14-11.
Na segunda metade cambiou algo o xogo dos locais, pero sen estar á altura do brilante equipo que nos sorprendera hai apenas un mes contra o Octavio ou o Lavadores. De calquera maneira esta pequena mellora era suficiente para que os de Carballo aumentaran a sua diferenza e remataran o encontro cun marcador favorable de 33-25.
A vindeira xornada o Vipecón visita a pista do Atl Novás Mecalia do Rosal, un equipo ao que os carballeses venceron hai unha semanas, no encontro aprazado da 1ª volta, pero que demostraron ser un bo conxunto. Moito terá que cambiar o xogo e sobre todo a concentración e a intensidade competitiva respecto ao partido de hoxe se o Vipecón quere voltar a terras carballesas cos dous puntos e seguir así na sua racha vitoriosa das últimas semanas.
