Vipecón Xiria: 34 (15+19): Zúpez, Javi (2), Martín (7), Edu (4), Calvete (2), Álex (1), Julian (3) -equipo inicial- Jorge (10), Luís, Óscar, Rubén Gómez (2), Rubén Anes (2), Cristian (1), José.
S.D. Teucro: 31 (14+17): Gonzalo, José (7), Miguel (2), David (1), Pombo (7), Jacobo (2), Iván (5) -equipo inicial- Marcos (1), Rodrigo (1), Tomás, Santi (3), Maquieira (2), Ameijeiras, Rubén.
Colexiado: Abel Juncal e Farruco Soliño.
Partidazo entre os dous primeiros clasificados nunha igualadísima liga de División de Honra cadete. Os dous equipos chegaban o envite cunha soa derrota no seu casilleiro, líderes da liga os de Carballo e segundos na taboa os de Pontevedra. Prevíase neste contexto, un encontro atractivo e crucial na loita por acadar o campionato final.
Os do Vipecón comenzaban o encontro frios, distraidos e, nos primeiros compases, o Teucro amosábase moi superior, con parciais de 0-3 e 1-4, facendo da súa defensa un muro inexpugnable e do seu ataque unha apisonadora cara a portería carballesa. Un cambio na defensa dos locais propiciou que as cousas se igualaran, os do Xiria presionaban moito máis arriba, eran máis intensos e máis incomodos para os visitantes, tapando todas as liñas de pase e facendo que o xogo do Teucro fose moito máis predecible. Esta presión motivou moitas perdas de balón dos de Pontevedra e que istes escollesen malas seleccións no lanzamento, feito que aproveitaban os de Xiria para desplegar rápidos contraataques que facían posible que o Vipecón tomara a dianteira no marcador para mandar no encontro polo meridiano da primeira parte e para irse ao descanso con esa mínima renda de 15-14.
Na segunda metade as cousas seguían moi igualadas, tanto no xogo como no marcador, pero foi, outra vez chegado ao meridiano da reanudación, cando os bergantiñáns sacaban partido de novo da sua defensa e do contaataque e conseguían unha renda de tres e ata catro goles que, á postre, ía ser insalvable para os do Lérez. Istes dous puntos, con ese marcador de 34-31, poden ser moi importantes cara á clasificación final polo feito de conseguilos fronte un rival potente e directo na loita polo título.
Aínda así e todo queda un dificilísimo escollo que superar antes do parón navideño xa que na vindeira xornada o Vipecón Xiria debe vistar a pista do OAR, equipo que ocupa tras esta derrota do Teucro o segundo posto da clasificación empatado a puntos co Vipecón e co Lalín que é terceiro. O encontro disputarase o domingo ás 10.00 h no Pavillón de San Francisco Xabier.
