VIPECÓN XIRIA 36 – JOSÉ ENSEÑAT CANGAS 21

Vipecón Xiria 36 (19+17): Bisbi, Miguel (3), Brais (7), Iago (1), Antón (13), Jorge (2), Luís -equipo inicial- David (5), Martín, Iván, Chouciño (1), Damián (1), Joaquín(3)

José Enseñat Cangas 21 (12+9): José, André (2), Óscar (7), Alexandre, Aitor (2), Miguel (1), Rubén (7) -equipo inicial- Cruz, Abel, Uxío(2), Rivas, David.

Colexiados: Daniel Portela e Tatiana González. Non fixeron unha boa arbitraxe, pero non influiron no resultado final.

Rematou a liga na División de Honra cadete masculina cunha nova vitoria do Vipecón Xiria que permite ao equipo carballés rematar nunha meritoria cuarta posición garzas a esta vitoria e á derrota do Teucro na pista do Lavadores.

O encontro comezou con quince minutos de retraso por mor da demora do duo arbitral. Os de Carballo non xogaron un bo partido diante do penultimo clasificado de liga, pero aínda así xa se retiraban ao descanso cunha diferenza máis que notable no marcador, 19-12, dada a súa superioridade técnico-táctica.

Na segunda metade, o choque continuou sen variacións, un partido intrascendente para os dous equipos no que non se xogaban máis que a honra da vitoria. Foi un encontro tranquilo, onde apenas houbo contacto, aínda que, incomprensiblemente, os colexiados repartiron un total de 15 sancións disciplinarias entre os dous equipos.

O marcador final de 36-21 non fai máis que poñer de manifesto a superioridade do equipo bergantiñán que acada finalmente unha excelente clasificación tan só por detrás dos tres mellores planteis do campionato.

O traballo deste ano fai augurar moitas esperanzas de crecemento por parte dos nosos xogadores, tanto pola sua calidade humana como deportiva, así como a disciplina demostrada este ano no traballo cotiá.