Vitoria a domicilio do Garaysa fronte o Bm Narón

O pasado sábado o Garaysa desprazábase ata o pavillón de A Gándara a Narón para xogar o partido correspondente á 13ª xornada de liga.

O Garayasa debíase a sí mesmo o volver a retomar a esencia do seu xogo. E de este xeito, a pesar de un inicio un pouco frío os carballeses conseguiron imponer o seu ritmo.  A partir de ahí una boa aportación de todo o equipo facía que se chegara metade do partido con 8-15.

A volta dos vestiarios a dinámica foi a mesma. O Garaysa prantexaba unha defensa 6-0 que cedía poucos espazos na liña de 6 metros e nos lanzamentos lonxanos a portería estaba acertada. A partir de ahí o partido continuou da mesama maneira ata o final, 14-34.

Destacar o debut de Diego Mourelle co Garaysa, unha mostra de que o equipo Metalúrgica BB está a traballar moi ben.

BALONMÁN NARÓN 14 (8+6) Antón Rodríguez, Lucas Freire, Mario Casal, Manel Franco, Jaime Serrano, Oscar Rodríguez, Pablo Gómez, Pablo Lage, Oscar Casal, David Portas, Jorge Catalán

GARAYSA XIRIA 34 (15+19) Hugo García (3), Manuel Pérez (3), Pablo Suárez (7), Xurxo Fraga (3), Marcos Amarelle (3), Miguel Cambón (3) ,  Ángel Villar, Manuel Rey, Erik Vázquez (9), Pablo Veiga (3), Daniel Bello.