Viaxaba o Montaxes Carballo a Porriño a xogar un partido correspondente coa xornada 10, partido que fora aprazado e que se tivo que xogar en unha xornada de descanso. Os carballeses chegaban a este partido coa necesidade de seguir puntuando para non perder puntos cos seus competidores.
BALONMANO PORRIÑO 23 – MONTAXES CARBALLO XIRIA 32
O partido comezaba cos dous equipos moi concentrados en tarefas defensivas, sendo os ataques os que tiñan maior dificultades. Os carballeses conseguían distanciarse con pequenas rentas no marcador grazas a algunha contra logo de unha boa defensa ou a accións individuais na parcela ofensiva pero, non conseguían o xogo colectivo necesario para poder ser superior no partido. Con todo, conseguía marchar ao descanso con 11-14 no marcador.
Á volta dos vestiarios o nivel defensivo dos carballeses mantívose e na parcela ofensiva conseguiuse unha maior mobilidade e sobre todo, unha mellor toma de decisións e isto fixo que a distancia no marcador fose aumentando e os carballeses se fosen facendo donos do encontro. Así, chegouse ao final do partido con 23-32 no marcador.
Para a semana toca viaxar á difícil pista do Culleredo.


