Vitoria clara no “Derbi” para o Laber Xiria diante do Culleredo

Laber Xiria 36 – Balonmán Culleredo 20 (20-7)

Cómodo partido para os carballeses onde amosaron a súa superioridade de xogo e sobre todo física. A defensa 5:1 do Xiria atragantoúse aos visitantes dende as primeiras accións do encontro, provocando excesivas perdas de balón que aproveitaban os xogadores locais para marcar a contra. Tampouco en defensa o Culleredo era capaz de frear o ataque do seu rival, polo que as diferenzas ao descanso xa decantaban o partido cara un lado.
Segunda metade onde o Laber probou varias variantes de cara aos vindeiros compromisos ante rivais da parte alta da clasificación, e onde o Culleredo xogou mellor sen a presión do marcador.

Laber Xiria 36 (20): Diego Lema, Julio Ferreiro e Pedro Pena 1(porteiros) Iker Martínez 4, Alex Gómez 17, Dani Mallo 3, Franco Rial 2, Aaron Rodríguez 4,Adrián Mesejo 1, Toni Calvelo , Carlos Varela 2, Pablo Esmorís, Fer Mallo 2, Alex Puñal e Esteban Puñal.

Balonmán Culleredo 20 (7): Oscar Bello, e Jorge Fernández (porteiros) Alberto Ansede 6, Brais Pérez, Pablo Fernández, Francisco Lojo 2, Eloy Figueira 3, Adrián Díaz 5, Daniel Del Rio, Pablo Gómez 2, Mateo Díaz 1, Manuel Gómez, Guillermo Seijo, Nuno Loxo 1 e Marco Rivadulla

Arbitrou Angel Mateos.