Novena vitoria consecutiva para o Garaysa B, para seguir líder da competición.
Telepizza Arteixo 8 – Garaysa Xiria B 38
Garaysa Xiria: Héctor Dubra, Manuel P. Mira, Tomás Añón, Sergio Pérez, Roi Pérez, Manuel P. Fieira, Gael Romero, Marco Núñez, Álvaro Cotelo, Jorge Nielsen e Óscar Longueira.
Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón de Galán (Arteixo)
Partido sen moita historia para o Garaysa B, que saíu ao partido moi concentrado, cunha defensa moi sólida e correndo rápido o contrataque. Ao descanso, o Garaysa que xa tiña unha gran vantaxe no marcador, seguiu coa súa aprendizaxe da defensa 5:1 que xa utilizou no partido anterior. Chegados ao final, os de Carballo sumaron unha nova vitoria para seguir ao frente na Liga Prata.
A próxima fin de semana, o Garaysa Xiria B recibe ao cuarto clasificado, o Narón.


