VITORIA CON AUTORIDADE DO ALS XIRIA B

ALS XIRIA B 43 – CB Apartamentos TurisViveiro 18

O ALS XIRIA B chegaba ao partido contra o Bm Viveiro nunha dinámica positiva, xa asentado na competición e coas ideas de xogo cada día máis claras. En frente tiñan a un dos equipos que están arriba na táboa clasificatoria.

No comezo do partido, certos desaxustes defensivos e unha pouca imprecisión de cara ao lanzamento facía que os visitantes se puxeran por diante no marcador. Con todo, aos poucos o ALS ía subindo a intensidade defensiva e conseguía frear o 1vs1 do equipo rival. Foi de este xeito, forxando a súa defensa e correndo todas as contras que se podía, cómo os carballeses comezaron a impoñer o seu xogo no partido. Pouco a pouco e co mesmo criterio, con boa aportación de todos os xogadores que saían ao 40×20, os carballeses pñían cada vez máis terra de por medio no marcador. Chegouse de este xeito con 19-09 ao descanso.

A partir da segunda metade os carballeses lonxe de afrouxar o acelerador mantiveron o mesmo ritmo constante e a mesma intensidade en defensa e fixeron así que o partido seguira o mesmo guión que se traballara no final da primeira metade.

O ALS B así continúa coa dinámica positiva e segue a ter gañas de seguir medrando.