Vitoria con autoridade do Garaysa Xiria

O Garaysa enfrontouse ao Bm Reconquista de Vigo, o sábado 20, nunha xornada na que dobraba partido. Logo da vitoria na mañan do venres o partido do sábado cobraba maior importancia.

Conscientes dos bos partidos que viña facendo o Reconquista o Garaysa saliu moi enchufado ao partido. Nos primeiros minutos os nervios dun partido a priori igualado facía que o Garaysa non conseguise impoñer o ritmo que quería. Sen embargo, co paso dos minutos os xogadores carballeses, apoiados nunha boa defensa e portería conseguían realizar contras en segunda oleada nas cales conseguían impoñer a súa superioridade física.  Cando conseguían recibir a pelota en movemento aos espazos o Garaysa ,grazas a súa fortaleza física, conseguía superar con facilidade. De este xeito pouco a pouco a diferenza foi crecendo.

A segunda metade seguiu o mesmo guión, con un Garaysa que en ningún momento baixou o ritmo, e esto fixo que que as diferenzas fosen máis abultadas do que se esperaba contra un rival que viña sendo moi competitivo.  Esta vitoria fai que o Garaysa consiga dous puntos moi valiosos mais, o traballo ten que seguir para conseguir acadar cada día obxetivos maís ambiciciosos.