Vitoria con autoridade do Nordata Xiria

O Nordata Xiria venceu con autoridade a un Bm. Lalín que nada puido facer ante as carballesas, no encontro de Liga Ouro infantil celebrado no CEIP Fogar.

O arranque do encontro foi frenético das coruñesas, marcando distanzas claras desde o comezo, onde as verdes superaron constantemente á defensa pechada plantexada polas dezanas. Ademáis, unha defensa intensa provocaba os erros no ataque lalinense, permitindo así as contras locais que foron facendo cada vez máis ampla a diferenza no marcador (final 40-14).

Esta semana tocará descansar, para xa na seguinte semana recibir a un Bm. Chapela en claro ascenso na clasificación.