Vitoria contundente do Montaxes Carballo B

Vitoria contundente do Montaxes Carballo B

O duelo no Gatañal entre os segundos equipos xuveniles do Cangas e do Xiria estivo moi descompensado dendes os primeiros lances do encontro, que propulsaban ós visitantes co (6-17) dos primeiros vinte minutos.

O Cangas se trabucaba ante a defensa compacta do Xiria, sen moitos recursos para batir a escuadra de Xano dende o lanzamento exterior. Pola contra, coa meirande parte dos goles procedentes do contraataque, o Xiria non deixaba cuartel ata que os trocos e as alternativas procedentes da pizarra local atoparon novos métodos de encarar o partido, chegando ós vestiarios (12-24).

Na segunda metade do encontro, a pesar das ideas máis claras por parte dedos locais, o Xiria continuaba dobrando no electrónico ó Cangas, xa que a mellora do traballo táctico da marea azul era compensado por un Andrés Pombo que estaba de doce, acadando os 22 tantos cando os colexiados sinalaron o remate (21-49).

HIIT BOXING AND GYM BM. CANGAS 21 – 49 MONTAXES CARBALLO XIRIA B