O pasado sábado o Calvo Xiria B viaxaba a difícil pista da Casa do Deporte de Lugo para enfrontarse a un equipo en liña ascendente con xente xoven. O equipo carballés viaxaba mermado polas baixas e a isto sumáronselle dúas baixas de última hora. Con este panorama o partido ía a ter que ser moi compreto por parte dos carballeses para conseguir levar os dous puntos para as terras de bergantiños.
MILLAVEN CP LUCENSE 25- CALVO XIRIA B 30
O partido comezaba co equipo carballés moi enchufado nas labores defensivas e aproveitando as contras que xurdían despois de estas situacións defensivas. Iste bo arreanque facía que o primeiro parcial do partido ao minuto 16 fose de 4-10. Logo de este parcial os carballeses precipitáronse en varias accións e isto fixo que o equipo lucense se puidese acercar máis ao marcador ao descanso cun 12-17.
Á volta dos vestiarios o partido seguía unha dinámica similar pero pouco a pouco o cansancio da falta de rotación e a falta de primeiras liñas comezaba a pesar no equipo carballés e isto facía que pouco a pouco o equipo lucense se fose enganchando ao partido, en gran parte aproveitando as perdas de balón pola falta de ideas no ataque. Así chegamos aos minutos finais igualados e co equipo carballés desplomado físicamente, con todo, grazas a un arreón de orgullo e loita conseguiu facer un bo parcial no que marcharse no marcador co resultado final de 25-30.
Vitoria de moito valor para os carballeses debido á importancia do dous puntos e que amosa que este equipo sabe sobrepoñerse á dificultades sen deixar de loitar.


