VITORIA DO ALS A ANTE O RECONQUISTA DE VIGO

ALS A 35 – IBERCONSA RECONQUISTA DE VIGO 26 

O ALS A chegaba ao partido con moitas gañas de ver en que momento de competición se atopaba, e co reto de ver cómo podían afectar as baixas ao equipo. En frente un Reconquista de Vigo que viña de competir a un gran nivel todos os seus partidos.

O inicio do partido estivo marcado por un  intercambio de goles, sen ser capaz ningún dos dous equipos de axustarse. Con todo, os carballeses foron entrando pouco a pouco no partido e, así mellorando dende a parcela defensiva e a portería conseguían poñer as primeiras diferenzas no marcador. No que se refire ao ataque o ALS estaba a conseguir situacións claras de gol, sen embargo no inicio do partido o acerto de cara a gol foi baixo, unha vez que o acerto subiu os carballeses comezaron a impoñerse no marcador. Así foi como pouco a pouco, con moita seriedade o conxunto carballés conseguía irse impoñendo  ata o 16-12 no marcador.

A segunda metade volviu a amosar a un ALS moi serio que corrixía os erros con intensidade. A pesar de ter erros, o conseguir seguir a mesma liña de actuación e non cambiala no transcurso do partido o ALS foi aproveitando pouco a pouco os erros do rival e distanciándose cada vez máis no marcador ata o resultado final de 35-26.