Vitoria do Calvo Xiria B contra o segundo clasificado.

Vitoria do Calvo Xiria B contra o segundo clasificado.

O pasado sábado o Calvo Xiria B disputaba un compricado partido contra o segundo clasificado de este grupo, o Lavadores B. O partido que fora aprazado por un motivo de causa maior collía aos dous equipo con pouco ritmo á volta das vacacións de nadal.

CALVO XIRIA B 35 – U.B LAVADORES VIGO B 27

O comezo do partido foi igualado. O ataque vigués conseguía facer moito dano dende accións de un contra un, con unha defensa local pouco profunda e falta de contacto. No outro eido so carballeses conseguían chegar a accións claras de gol grazas a continuidades ben orquestadas. Co paso dos minutos o equipo carballés conseguiu axustar a defensa e conseguir as primeiras rentas no marcador, con todo, un últimos minutos da primeira metade con demasiadas precipitacións en ataque facía que os de vigo recurtaran distanzas no marcador ata o 16-14 ao descanso. 

Á volta dos vestiarios a defensa local conseguiu marcar a diferenza e, a esto sumamoslle unha maior capacidade física que facía que os de carballo poideran romper o marcador dende o comezo da segunda metade. A partir de ahí o partido foi para o Xiria ata os minutos finais de desconexión inexplicable. Con todo, o equipo carballés consegue unha importante vitoria para seguir líder do grupo.

Para a semana que ven toca un difícil desprazamento a Lugo.