Vitoria do Calvo Xiria B contra un bo Sanxenxo

Vitoria do Calvo Xiria B contra un bo Sanxenxo

O Calvo Xiria B volvía a enfrontarse ao Bm Sanxenxo logo da final de Copa da pasada semana. Esta semana os carballeses recuperaban as baixas da xornada pasada e tiñan o reforzo emocional de xogar fronte ao seu público.

CALVO XIRIA B 40 – HOTEL CARLOS I SILGAR SANXENXO BALONMÁN 26

O partido comezaba co equipo visitante moito máis centrado que o equipo local, os de Sanxenxo conseguían sacar proveito das súas fortalezas sobre todo no ataque. O equipo local totalmente descentrado e con moitos erros fronte a porta rival comezaba con un 6-2 de parcial en contra. A partir de ahí e pouco a pouco o equipo de carballo soupo entrar ao partido aínda que seguía sen conseguir axustar en tarefas defensivas e isto facía que o marcador ao descanso fose de 17-17.

Á volta dos vestiarios unha mellora defensiva sumada a aportación da portería en lanzamentos claros facía que o equipo de carballo conseguira marcharse no marcador por primeira vez no marcador. Dende ese momento o equipo carballés atopou o seu xogo e conseguindo imprimir máis ritmo ao partido comezou a dominar o mesmo. Con este maior control do partido a renta foi crecendo ata o 40-26 final que non amosa a realizade de un partido que foi ben compricado para o equipo carballés.