Vitoria do Calvo Xiria B fronte ao segundo clasificado

Vitoria do Calvo Xiria B fronte ao segundo clasificado

O sábado disputábase no Vila de Noia un duelo entre o primeiro e segundo clasificado do grupo B de liga da segunda territorial. O equipo carballés con baixas inesperadas tiña que tirar do traballo do bloque para conseguir vencer este partido.

CALVO XIRIA B 33- A ESPERANZA COMIDAS BAR BALONMÁN NARÓN 25

O comezo no encontro por parte dos carballeses foi de menos a máis. Custoulle axustar a defensa pero en canto o fillo foi o sustento do seu xogo. En canto á parcela ofensiva non se conseguía moito ritmo nin nas transicións nin no ataque posicional, con todo, o bo criterio nas accións de ataque posicional facía que se chegara a zonas de lanzamento claras. Mediada a primeira metade o Xiria conseguía dominar o encontro, con todo, non lograba distanciarse no marcador debido aos erros de lanzamento. Á pausa do descanso chegábase con 15-11 a prol dos carballeses.

Á volta dos vestiarios o equipo local conseguía mostrarse moi sólido na defensa e isto pouco a pouco foise aproveitando en ataque esta vez sí para coller rentas no marcador. O Xiria puido resolver o encontro mediada a segunda metade pero outra vez erros ofensivos facía que a diferenza non chegase a ser suficiente para cerrar o partido. Con un arreón final chegouse  ao resultado final 33-25. Os carballeses seguen líderes e para a semana reciben ao novo segundo clasificado xa na segunda volta, o Bm Lavadores.