Vitoria do Calvo Xiria en O Consello

Un choque igualado dende o comezo onde o Calvo Xiria, atopouse mellor nos últimos 10 minutos de cada parte, o que permitiu facerse cos dous puntos.

Nos primeiros minutos do encontro Carnes Doribeiro, saía con intensidade, sabedores da súa última xesta en Lanzarote e con gañas de reecontrarse co seu público. Tardou 10 minutos en axustarse en defensa o Calvo Xiria, que se mantiña cun axustado (5-5). As tarefas de todo o colectivo melloraron e poñeríase por diante; aínda que a diferenza non creceu ata máis aló dos 3 goles; perdoando demasiado desde os 6 metros. Ao descanso 13 a 15 e todo por decidir.

Tras o paso por vestiarios; de novo os locais sairían máis enchufados e déronlle a volta ao marcador; pero outra vez cos cambios; conseguiría axustarse o Calvo Xiria. Os xogadores entenderon os roles que asumirían neste partido e poñeríanse de novo por diante. Todo o conxunto brillou cando a situación así o requiría.

Chegábase ao tramo final do duelo con empate; que desfacía Mario Cancela dende o lateral. A defensa desbaratou a seguinte acción e con Carnes Doribeiro presionando; os verdinegros mantiveron a calma para terminar o partido 26 a 27.

Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal 26 – Calvo Xiria 27

Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal (13+13): Ángel Taboas (p), Omar Baye (p), Pablo Álvarez, Juan Sotelo (3), Celso Sotelo (5), Adrián Lomba, Pablo Martínez (3), Nicolás Vizcaya, Ángel Riveiro, Manuel Álvarez, Mateo González (1), David Costa (2), Nicolás Alberte, Mario Fernández, Jacobo Rodríguez (7), Jacobo Soto (1).

Calvo Xiria (15+12): Antonio Mato (p), Rökkvi Steinunnarson (p), Carlos Martín (1), Gabriel Castiñeiras, Francisco Rey (1), Carlos Varela, Hugo Rodríguez (8), Diego Vega (2), Diego Antelo (4), Manuel Méndez (3), Alejandro Gómez (5), Jorge Bouzas (1), Aaron Rodríguez, Mario Cancela (1), David García, Eduardo Cousillas (1).

Parciales cada 5 minutos: 3-3, 5-5, 7-8, 9-10, 10-13, 13-15 (descanso) 16-15, 19-17, 21-22, 23-25, 25-26, 26-27.

Árbitros: Raúl López e Álvaro García.

Incidencias: Partido correspondente a undécima xornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón O Consello (Ribadavia).