Vitoria do Calvo Xiria no derradeiro encontro de liga

Coa liga xa no peto dende fai unhas semanas, o Calvo Xiria afrontaba a derradeira xornada ante o colista con moita tranquilidade.

O encontro foi un monopolio local, onde nos primeiros quince minutos cun parcial 12-1 o encontro quedou máis que sentenciado. A relaxación local no final da primeira metade fixo que a distancia se mantivese ata o 16-5 parcial.

Á volta do descanso volveu o vendaval carballés, máis a intrescendencia do encontro notábase co paso dos minutos. Vitoria 36-13 no debut de Zarra como adestrador do noso senior feminino pola ausencia de Manu que estaba a desputar a Final Four xuvenil.

Todas as forzas e todas as miradas postas xa na fase de ascenso que dará comezo o vindeiro 12 de maio e onde o Calvo Xiria espera recuperar á totalidade da plantilla para a histórica cita. Antes, este domingo, as nosas viaxarán ata O Grove para recoller o título de campioas de liga.