O Garaysa A suma dous novos puntos logo dun cómodo partido onde mostrou ser superior ao rival de principio a fin.
Garaysa Xiria A 38 – Balonmán Porriño A 23
Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Román Pérez, Gonzalo García, Quintín Insua, Rodrigo Rama, Lucas Radio, Brais Sánchez, Roi Pérez, Héctor Castro, Gael Romero, Sergio Pérez, Manuel Pombo e Marco Núñez.
Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón CEIP Fogar (Carballo).
Chegaba a 14ª xornada na liga infantil Ouro e o Garaysa A tocáballe recibir ao Balonmán Porriño, nun choque onde chegaban ambos equipos con obxetivos distintos na clasificación. O encontro comezaba ben para os carballeses, que xa dende o inicio collían vantaxe no marcador a pesares dos múltiples fallos de lanzamento. A primeira metade e gran parte da segunda foi semellante, cun Garaysa ben atrás pero erróneo á hora de atacar e de finalizar. Aínda así, chegaríase ao final cunha ampla vantaxe e os de Carballo seguen á estela de Luceros e Cisne na clasificación.
A vindeira semana haberá parón na Liga Ouro infantil masculina, polo que o Garaysa A descansará.


