Partido moi serio do Garaysa dende a defensa, que lle permite acadar a terceira vitoria da tempada.
Balonmán Chapela 23 – Garaysa Xiria 27
Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Hugo Rama, Saúl Fuentefría.
Incidencias: Partido correspondente á 8ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Municipal González Soto (Redondela)
Volvía a competición infantil masculina logo do parón de Nadal e os de Carballo visitaban a sempre complicada pista do Balonmán Chapela.
O encontro comezaba moi igualado entre os dous equipos, onde os erros non forzados eran os protagonistas. Avanzaba a primeira metade e os locais collían unha pequena vantaxe no marcador que lles permitía chegar ao descanso con 2 goles arriba.
A segunda metade foi outra historia, e os de Carballo dende a defensa conseguían empatar o partido e máis adiante, coller unha vantaxe de 3-4 goles que sería suficiente para levarse os 2 puntos e así conseguir a terceira vitoria da tempada, e a segunda consecutiva.
A próxima fin de semana, o Garaysa volve desprazarse, esta vez a O Rosal, para enfrontarse ao Atlético Novás.