Vitoria do Garaysa Xiria C nun partido vibrante

Vitoria do Garaysa Xiria C nun partido vibrante

GARAYSA XIRIA C 21 – 19 BALONMANO PORRIÑO B

Partido correspondente á cuarta xornada da segunda fase da Liga Prata, desputado no pavillón Fogar (Carballo). Vitoria importante para o Garaysa que suma os primeiros puntos desta segunda fase.

Comezaban o encontro con moitas dúbidas ambos equipos, pero especialmente a defensa local. Ata que despois duns 2 minutos en contra, o Garaysa Xiria comezou a xogar con máis calma e orde, o que lles permitiu adiantarse no marcador, chegando ao descanso cun 12-10.

Na segunda parte seguiron a mesma tónica ca no remate da primeira e demostraron o bo xogo que son capaces de ofrecer, con rápida movilidade de balón e unha defensa moi activa que era capaz de roubar balóns.

Na próxima xornada o Garaysa Xiria C viaxará para enfrontarse ao S.D. Teucro, este será o último encontro da segunda fase da Liga Prata.