Vitoria do Garaysa Xiria fronte ao Bm Atlántico

O pasado domingo 27 o Garaysa Xiria desprazábase ao concello de Oleiros para enfrontarse ao Bm Atlántico.  Para este desprazamento o equipo carballés tiña cómo obxetivo seguir competindo a un bo nivel despregando un bo xogo en equipo para poder levarse os dous puntos do pavillón Valle Inclán.

No comezo da partido os ataques gañaban ás defensas. A pouca profundidade e o espazo entre defensores facía que os xogadores do atlántico atopasen situacións claras de lanzamento.  Na outra parte do campo, cando tocaba atacar, o equipo carballés sí que mostraba a súa mellor versión con moita movilidade e xogo colectivo. De este xeito chegábamos ate o minuto 20 da primeira metade con ventaxa de dous goles, pero a falta de movilidade nos minutos finais da primeira metade facían que o electrónico reflexase empate (14-14) ao descanso.

Na reanudación o Garaysa volviu a estructurar a súa defensa e conseguía frear o ataque dos locais. No ataque volvía o xogo móvil con combinando os postos cercanos. De este xeito o Garaysa puido tomar unha renta de ata 7 goles, sen embargo a presionante defensa local nos últimos minutos conseguía apretar o resultado ate o 28-33 final.

A pesares de comezar moi ben esta liga o Garaysa vai a ter que mostrar a súa mellor versión en todos os partidos ,pois ate o momento todos os partidos foron competidos. Para isto é necesario conseguir o mellor de todos os xogadores e, nese camiño imos pois neste partido quen venciu foi o equipo, unha pequena mostra é a táboa de goleadores onde todos os xogadores do Garaysa conseguiron anotar.

BM ATLÁNTICO 28 (14+14) Ángel Ramos (5), Tomás Vera, PedrO Gil- Rivera (5),  Marcos Vidal (2), Diego Lema (4), Lucas (5), A. Jose Mendoza, Pablo Castiñeira (3), Abel Lopez, Adrián Astray, Roi Fernández (1), David Martínez (1), Daniel Gonzalez (2)

GARAYSA XIRIA 33 (14+19) Hugo García (2), Manuel Pérez (5), Pablo Suárez (1), Xurxo Fraga (3), Marcos Amarelle (4), Miguel Cambón (2) ,  Ángel Villar (1) , Manuel Rey (3), Erik Vázquez (6), Pablo Veiga (6), Daniel Bello (p).