Vitoria do Garaysa xiria nun encontro de nivel.

Novo partido para os de carballo, ante un Luceros que deixou todo no campo para tentar levarse os dous puntos. 

Os nosos non tuveron un bo comezo de partido, en ataque si se atoparon boas ocasions de gol, pero un gran partido do gardameta visitante, non nos permitía adiantarnos no marcador. En relación ao noso xogo defensivo, o continuo xogo co pivote dos visitantes puxonos en moitos apretos e non fomos quen de resolvelo na primeira parte, onde nos fomos ao descanso cun 11-13 en contra.

No comezo da segunda metade, os nosos saíron moito mais centrados nos labores defensivos, o cal nos permitía correr e impoñer o noso ritmo de xogo. A pesar de seguir errando lanzamentos de 6 metros, o bo nivel defensivo permitía ir acercandonos no marcador e incluso poñernos por diante no ecuador desta segunda metade. Un parcial de 6-2 nos últimos minutos do encontro dounos unha nova vitoria cun 25-20 final.

Agradecer a todo o público o seu apoio e ánimo durante o encontro, xa que levabamos varios encontros xogando sin público e para nos foi unha clave moi importante nesta vitoria.

Garaysa xiria (11+14): Antón Pardiñas, Henrique Traba, Alvaro Garcia, Daniel Periscal(4), Diego Mourelle(5), Yago Sande, Marcos Suarez(5), Brais Suarez(1), Maxi Dias(1), Nicolas Cancela(8),  Jorge Rodriguez(1) Lucas Amado, Simon Viña.

Luceros (13+7): Abraham Martinez(3), Asier Pereiro(2), Mateo Hernandez, Dario Giraldez(2), Pablo Dasilva(3), Marcos Varela(6), Nicolas Graña(1), Iker Bon, Adrian Chapela, Hugo Mora(3), Xabier Cordeiro.