Vitoria do Grupo Lemaco “A” diante do Porriño

20ª Xornada da Liga Ouro Cadete masculino

Grupo Lemaco Xiria A 32 – Balonmán Porriño 28 (18-17)

O Grupo Lemaco supera ao Porriño e deixa a súa clasificación para a Final Four pendente da derradeira xornada onde recibirá a visita do Balonmán Cisne que se proclamaba Campión nesta fin de semana.
Partido complicado para o Xiria que perdía efectivos as portas do fin de semana para poder gañar e seguir aspirando a clasificarse.
Primeira parte igualada de moitos goles, a defensa 5:1 dos locais pagou a falta de intensidade e permitía aos lanzadores do Porriño encarar con éxito a portería, a mobilidade no ataque do Xiria con moitas permutas e cambios de posición tamén superaba a defensa planeada polo rival.
Tras a volta do vestiario o Grupo Lemaco apremou na defensa con maior profundidade mentres no ataque seguía a anotar, o que propiciou que abrise unha distancia no marcador para resolver o partido sen problemas.

Grupo Lemaco Xiria A 26 (13): Dani Bello e Iago Sande (porteiros), Xurxo Fraga 2, Marcos Amarelle 3, Manu Rey 3, Angel Villar, Miguel Cambón , Manu Pérez 6, Pablo Veiga 11, Pablo Suárez 2, Chema Negreira, Henrique 4 e Dani Periscal 1

Balonmán Porriño 28 (13): Pablo Alvarez 13, Uriel Domínguez, Josue Rodríguez, David Rodríguez, Pablo Rodríguez 1, Antón Lassen, Xulio Fernández 3, Unai Soto 1, Nicolás Giraldez e Yago Raimundez 10.
Arbitraron: Iván Hernández e Renzo Díaz