Vitoria do Grupo Lemaco «A» en Rodeiro

Balonmán Rodeiro 24 – Grupo Lemaco Xiria A 32 (14-18)

Desprazouse na mañá do sábado o conxunto carballés a Rodeiro para medirse ao conxunto local, non foi un partido fácil, unha pista moi esvaradía na que os xogadores corrían risco de lesión, como lle sucedeu a Dani Bello cun forte escordadura de nocello, e un rival con moito oficio que de seguro porá en dificultades a moitos dos equipos que pasen por alí.
Tratou de imprimir velocidade dende o comezo ao encontro o Xiria, pero viuse freado polo estado da cancha que non permitía desprazamentos rápidos, pese a elo o equipo apegouse a solidez defensiva e ía marcando diferenzas a favor, índose cun 14 a 18 ao descanso.
Retomou o encontro con intensidade o Grupo Lemaco sabendo por onde facer dano ao rival, foi intensificando a defensa e resolvendo a meirande parte das ocasións no ataque para acabar dominando e firmando ese 24 a 32 goles.

Balonmán Rodeiro 24 (10) Marcos Vázquez, Xabier Montes, Sergio Moure 1, Izan Guerra 6, Diego Fernández 1, Raul Arbor 1, David García, David Vázquez 3, Brais Calvo 2 e Roi González 10

Grupo Lemaco Xiria A 32 (18): Antón Pardiñas (porteiro), Erik Vázquez 2, Xurxo Fraga 5, Marcos Amarelle 4, Manu Rey 4, Hugo García 6, Angel Villar, Miguel Cambón 1, Manu Pérez, Pablo Veiga 8, Dani Bello 1, Pablo Suárez e Chema Negreira 1.

Arbitrou: José Pérez