Vitoria do Grupo Lemaco A no comezo da Liga Ouro

A Liga Ouro Cadete Masculino arrancaba esta semana entre os doce mellores equipos de Galicia, de ela sairán os representantes no Sector Nacional. O Grupo Lemaco Xiria a ben seguro loitará por facerse con unha praza.

Grupo Lemaco Xiria A 52 – Balonmán Carballiño 24 (25-11)

O Xiria impuxo un ritmo altísimo de partido dende o pitado inicial, moita intensidade e ben colocado en defensa era quen de recuperar o balón con facilidade tras asfixiar o xogo do rival e saír en contras letais, no ataque en posición tampouco eran o rival capaz de frear aos xogadores carballeses e o partido ía encarándose a grandes diferenzas no marcador.
Na segunda metade o Carballiño acusou o desgaste físico e quedou a mecede do Xiria que se amosou moi certeiro no lanzamento a gol poñendo un resultado de 52 a 24 goles.

Grupo Lemaco Xiria A 52 (25): Antón Pardiñas (porteiro), Erik Vázquez 3, Xurxo Fraga 4, Marcos Amarelle 2, Manu Rey 10, Hugo García 6, Angel Villar 1, Miguel Cambón 2, Manu Pérez 5, Pablo Veiga 5, Dani Bello 10, Pablo Suárez 3 e Chema Negreira 1.

Balonmán Carballiño 24 (11): Mauro Castro 8, Antón Castro, Santiago Durán 3, Diego Corral, Mateo Otero 4, Cristian García 2, Cristian González 5, Pedro Castro, Mario Rivera e Nicolás García 2

Arbitraron: Andrés Rosendo e Renzo Díaz