Vitoria do Grupo Lemaco B diante do Línea 21

Balonmán Línea 21: 18 – Grupo Lemaco Xiria B 35 (6-10)

Volvían a enfrontarse nesta nova fase os dous conxuntos, e por terceira vez o Xiria foi moi superior ao Línea 21.
Tan so nos primeiros lances onde o Xiria se amosaba dubitativo e falto de velocidade no seu xogo, os coruñeses igualaban o marcador, pero no momento que os Grupo Lemaco se asentou na pista, era capaz de premar o xogo con balón do contrario roubando para marcar a contra.
Tamén a maior efectividade de cara a gol dos carballeses, pasaba factura ao rival que se ía descolgando no marcador ata ese final 18 a 35.

Balonmán Línea 21: 18 (6): Diego Sala 10, Hugo Vázquez, Víctor Sala, Segundo Suárez 4, Jorge Sánchez, Cristian Gabarri, Hugo Bello 1, Isaac García 1 e Martín Vinagre 2.

Grupo Lemaco Xiria B 35 (10): David Pensado, Bruno Facal 2, Manuel Rey 6, Manuel Pérez 3, Marcos Amarelle 2, Hugo García 9, Pablo Suárez 8, Miguel Cambón, Chema Negreira, Angel Villar 1 e Dani Bello 4

Arbitraron: Héctor Piñeiro e Manuel Pazos