Vitoria do Grupo Lemaco “B” na Coruña diante do Oar

Oar Coruña 29 – Grupo Lemaco Xiria B 35 (14-22)

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada da Liga de Prata Cadete disputado no pavillón de san Francisco Xabier (A Coruña)

Arbitraron: Martina Regueiro e Uxía Mariño do colexio galego.

Que o segundo equipo cadete do Xiria derrote de maneira clara ao Oar da Coruña ben a falar do bo traballo de canteira que se está a facer en Carballo.
Comezou o Grupo Lemaco sorprendendo en todas as facetas ao seu rival, intenso e presionante dende a defensa e letal nas rápidas transicións e na finalización cara gol, cun 4 a 14 goles aos 15 minutos daba conta do seu rival. Recuperouse da avalancha o Oar e marcaba un 14 a 22 ao descanso.
Saíu o Xiria de vestiarios pensando que acabara o encontro, máis lonxe de eso o Oar foi reducindo e meténdose no partido, arroupando ben ao seu porteiro que empezou a tocar balóns e cerrar a súa portería, chegou a precipitación para os de Carballo que quiseron cerrar o encontro antes de tempo. Achegáronse os coruñeses no marcador pero un esforzo final do Grupo Lemaco dáballe os dous puntos para seguir no alto da clasificación.

Oar Ciudad Coruña 29 (14): Ivan Pazos, Víctor Alonso, Diego Kibruyista 9, Rodrigo Serantes, Angel Ortíz, Leo Cousillas, Besay Agusti 8, Derek Capelo 5, Martín Rodríguez 4, Alejandro Vasallo 3, José Manuel Carvajal e Oscar Morales

Grupo Lemaco Xiria B 35 (22) : Yago Sande e Antón Borrazás[p], Henrique Traba 12, Álvaro García 1, Daniel Periscal 4, Diego Mourelle 3, Jorge Rodríguez 2, Marcos Suárez 7, Brais Suárez 3, Diego Barbeira, Simón Viña, Máxi Díaz 3, Lucas Amado e Aday Gómez.