Vitoria do Laber A contra o Cangas no que foi para eles o último partido da liga

O Laber A enfrontábase ao Buenas Migas Balonmano Cangas, no derradeiro partido da liga regular. Neste derradeiro partido o Laber debería gañar ao Cangas e esperar que ao mesmo tempo o Porriño perdera contra o Culleredo.

O Laber saiu ao partido sendo afectivo no ataque posicional e con un bo nivel de mobilidade na defensa para frear as situacións de 1 contra 1 que tanto dano lle fixeran no partido de ida. Pese a atoparse acertado e que o partido era de vital importancia para os carballeses nos mostraban o carácter que o partido requiría. Sen embargo, con unha mellora na actitude defensiva ao final da primeira parte e a unha serie de contras ben orquestadas entre portería e extremos o Laber conseguía marchar ao descanso con 17-12 no marcador.

A volta dos vestiarios o Laber continuou co mesmo traballo, conseguindo frear cada vez mellor a zona centro defensiva aínda que con algúns erros na zona exterior que se penalizaban. A pesar de todo o Laber continuou co control do encontro e isto fixo que pouco a pouco as diferenzas fosen en aumento ao longo da segunda metade. A pesares de conseguir estas diferenzas o ambiente era un pouco frío pois xa todos eran coñecedores de que o Porriño estaba a gañar o seu partido. O final do partido o resultado foi de 35-25 a favor dos carballeses.

Co resultado do Porriño- Culleredo o Laber quedaba fora da loita polo play-off e decía adiós a unha temporada na que se soupo competir en moitos partido difíciles pero que se penalizou, e moito, o non saber compertir en partidos nos que os carballeses eran superiores ao rival. Temporada con aspectos positivos e aspectos a seguir traballando e isto é o que hai que facer pois aínda quedan moitos adestramentos por diante.