Vitoria do Laber Xiria B diante do Lavadores

8ª xornada da Liga Prata Xuvenil Masculino

Laber Xiria B 29 – Lavadores Vigo 26 (16-11)

O Laber Xiria da división Prata superou ao equipo vigués do Lavadores no primeiro partido da segunda volta.
Partido disputadísimo ata os intres finais onde os vigueses tras verse superados na primeira metade dispuxeron unha defensa moi adiantada que fixo que o partido se igualase. Soubo resolver nas derradeiras accións o Laber e fíxose cos dous puntos en xogo.

Arbitrou: Pablo Barreiro