Vitoria do Punta del Este Xiria na penúltima xornada da primeira fase

As carballesas recibían o Bm. Xallas nesta penúltima xornada, coa loita pola terceira praza do Grupo I. O partido non foi dos mellores, cunha defensa na primeira metade que non se presentou no encontro, chegando ao descanso cun 21-19 para as locais.

No segundo tempo a defensa das verdes mellorou ostensiblemente e o bó facer no ataque, onde non tiveron maiores apuros, terminou por decidir o choque(33-25).

Esta finde de semana tócalle descansar ao equipo e o vindeiro domingo 26 terán o último encontro desta primeira fase antes o Colegio Liceo La Paz.