O sábado disputábase un partido moi especial para moitos dos que estaban na pista debido a que se enfrontaban moitas caras coñecidas. Con este pretexto todo indicaba a que ía a ser un partido con moitas gañas e intensidade.
BALONMAN XIRIA B 33 – BALONMAN XALLAS FC 23
O partido como era de esperar comezaba con moita intensidade, cos ataques conseguindo gañarlles ás defensas. Foi pouco a pouco cando a defensa dos carballeses e lle foi dando a volta ao partido o Xiria. A partir de que a defensa carballesa se axustou a diferenza foi crecendo moi pouco a pouco e, non conseguiu ir a máis debido a erros e imprecisións individuais ao final da primeira metade. Con todo, os carballeses conseguiran un pequeno colchón de goles que fixo que marcharan ao descanso con 16-12 no marcador.
Na segunda metade a defensa carballesa seguía a estar acertada conseguindo encaixar moi poucos goles, no ataque sempre que se conseguía crear unha situación de espazo ou desprazar á defensa conseguíanse accións individuais de calidade. Foi así cómo os carballeses se foron facendo donos do partido ata chegar a un final do partido tranquilo, situación que ao principio do partido non se contemplaba. Esta é unha mostra máis da contínua mellora de estos rapaces.