O Sénior B xogaba o seu segundo partido de liga na casa fronte ao Lirón B.M Moaña, equipo con xente nova que sempre comprica os seus partidos. O obxetivo do equipo carballés ía a ser levarse os dous puntos e seguir a pulir puntos do xogo que fraqueaban.
CALVO XIRIA B 37 – LIRON BM. MOAÑA 23
Logo da experiencia de partidos pasados os carballeses sabían que tiñan que saír ao partido concentrados e con unha intensidade alta dende o comezo para poder aproveitar as súas fortalezas. Nesta ocasión os xoves carballeses sí que saíron concentrados, con unha defensa activa e forte coma bloque. Grazas a esta solidez defensiva e un bo acerto e criterio ofensivo o Xiria conseguiu unha ventaxa ao inicio do partido de ata 4 goles. Con todo, o equipo visitante aproveitando a desconexión momentánea dos de carballo conseguía acercarse no marcador. Os cambios déronlle novos folgos ao Xiria e conseguían marchar con unha boa renta ao descanso 19-10.
A volta dos vestiarios, os primeiros minutos foron un intercambio de goles entre ambos equipos, con todo, en canto o equipo se asentou conseguiu poñer terra de por medio. Os últimos minutos seguiron a mesma dinámica a pesar de que case se comprica para ambos equipos logo de unha serie de accións fora de lugar debida a situación do partido.


