O Sénior B disputaba o pasado fin de semana o partido correspondente coa xornada 19 da liga regular. Este partido enfrontaba a dous rivales directos, o Xiria B e o Parrillada la Ronda Arteixo. No partido de ida os de Arteixo conseguiron una vitoria cun resultado abultado nun partido moi mellorable por parte dos xogadores de Carballo. En este pretexto se disputaba o partido de esta fin de semana.
BALONMÁN XIRIA B 26 – PARRILLADA LA RONDA ARTEIXO 17
O partido comezaba con moita igualdade entre ambos equipos, os dous contrincantes sufrían moito para conseguir anotar e as defensas gañaban en confianza. Mediada a primeira metade os de Carballo conseguían imponer o seu xogo e chegaban a xerar ocasións de anotar pero se moito acerto de cara á portería. Cara o final da primeira metade o equipo carballés conseguía una serie de recuperacións de balón que lle permitían conseguir una renta de 3 goles para marchar ao descanso.
Á saída dos vestiarios un bo inicio facía que o xoven equipo carballés conseguira aumentar a renta no marcador, sendo capaces de controlar con moito acerto o ataque rival. Esta renta e un xogo constante facía que a partir de ese momento o partido estivera dominado polo ritmo carballés conseguindo levarse a vitoria con un 26-17 final.