O Sénior B viaxaba a Meaño coa intención de facerse cos dous puntos para continuar a pelexar pola 7ª praza. Coñecedores da dificultade do Meaño na casa os de Carballo ían a ter que amosar un bo nivel grupal para facerse coa vitoria.
ASMUBAL MEAÑO 28- XIRIA B 34
O comezo do partido estaba marcado pola relaxación dos carballeses que, a pesar de ser coñececer os puntos fortes do rival non conseguía frealos. Consecuencia de isto comezaba dominando o partido o equipo local. Con todo, grazas a ir axustando pouco a pouco a defensa e aumentar o ritmo nas transicións en ataque os carballeses conseguían darlle a volta ao marcador, incluso errando situacións para marcharse no electrónico. Ao descanso o resultado reflexaba un 13-14.
Á volta dos vestiarios o equipo carballés conseguía manter o nivel defensivo e en ataque traballar as sitaucións ata espazos claros. Pasiño a pasiño o equipo carballés conseguía impoñerse e, salvo en determinadas ocasións nas que se precipitou conseguiu levar o ritmo do partido que mellor lle viña.