O Xiria B viaxaba a O Grove con menos artilleiros pero con unha idea clara, o bloque do equipo é o que nos fai competir semana a semana. Con esta idea ben clara eran coñecedores de que levando o partido ao seu estilo de xogo podían levarse o partido.
RASOEIRO BM 23 – CALVO XIRIA B 33
O comezo do partido estivo marcado pola desconexión defensiva e a falta de concentración dos carballeses. En ataque conseguían situacións claras de gol pero na parcela defensiva e en outras fases do xogo estaban desconectados. Co paso dos minutos o equipo comezou a axustarse e conseguía as primeiras diferenzas no marcador. A pesar da mellora co pasos dos minutos o equipo seguía a ter erros que leva a cometer durante os primeiros partidos de liga. A pesar do mal comezo da primeira metade o resultado ao descanso foi de 11-17.
Á volta dos vestiarios o equipo carballés amosouse mais solvente e con maior regularidade, isto fixo que pouco a pouco fose collendo máis distancia no marcador ata chegar ao 23-33 do final do partido.


