Vitoria e terceira praza na clasificación para os xuvenís

Vitoria e terceira praza na clasificación para os xuvenís

E.BM.Xiria: 37 (16+21). Antonio Mato, Gabriel Castiñeiras (3), José Pereira (6), Enrique Pena (6), Damián Rodríguez (5), Iván Campos (9), Tito-equipo inicial-Dani Buño, Dani García (5), Iván Calvo (3), Borja Rodríguez, Borja González, Andrés Barca, Diego Gago, Alex Figueroa, Diego Morandeira.

OAR Coruña: 32 (12+20). Iago, Bermúdez (5), Diego (6), Miguel (5), Aresio (6), Fran (6), David (2)-equipo inicial-Carlos, Embodas, Javi, Manuel, Alejandro, Sarasola (2), Darío, Mario.

Resultado cada 5´: 1/2, 3/4, 6/7, 8/9, 10/10, 16/12-Descanso-20/13, 24/16, 26/20, 30/24, 32/28, 37/32

Árbitros: Elena Rivas e Carla Díz. Excluiron con dous minutos a Iván Campos (2), Iván Calvo (2) e Dani García polos locais e a Carlos, Diego (2), Miguel e Aresio polos visitantes.

Incidencias: Encontro da séptima xornada da División de Honra en categoría xuvenil disputado no Vila de Noia ante sesenta siareiros de ambos conxuntos.

O conxunto xuvenil de E.BM.Xiria, conseguíu dous puntos importantísimos que erguen os carballeses á terceira praza da clasificación. O encontro defraudou en canto a súa vistosidade e o derbi converteuse nunha batalla no un contra un con escaso dinamismo e continuidade no xogo. Os de Xiria, amosaronse moi irregulares, como en datas anteriores e alternaron fases de bo xogo con outras de importantes lagoas.

A igualdade no electrónico, foi a tónica do primeiro tempo ata os últimos cinco minutos, momento no que os locais aumentaron as súas prestacións defensivas e axudados por Antonio na portaría, conseguirían unha importante vantaxe no tempo de descanso.

Parecía que aos sete minutos da reanudación, o partido estaba roto a favor dos verdibrancos, que marchaban dez goles arriba ante un rival que acusaba o cansanzo do seu continuo xogo de 1×1. Pero de novo apareceron esos minutos de desconcerto que últimamente veñen amosando os bergantiñáns nalgunhas fases dos encontros e de novo deron ás aos de Coruña que se achegaron ata os catro goles de diferenza. Por sorte, os de Xiria estiveron acertados no lanzamento nos últimos instantes e a vitoria quedou na casa para asinar a segunda consecutiva noutras tantas xornadas.

O próximo fin de semana, os xuvenís viaxarán a Chapela para enfrontarse ao penúltimo clasificado, o BM.Chapela.

Clasificación 7ª xornada:

juves oar  7ª