TELEPIZZA ARTEIXO 14 – 26 MAQUISABA XIRIA
Partido correspondente á decimoterceira xornada da Liga Prata (Grupo A), desputado en Arteixo. Unha nova vitoria para o Maquisaba que se mantén no cuarto posto de liga.
Comezaba o partido o Maquisaba Xiria con moitas dudas, tanto en defensa como en ataque. O reaxuste defensivo foi rápidamente solventado, cunha defensa moito máis activa e pechada no centro. Mentras que o ataque continuou con dúbidas ata o inicio da segunda parte. Tras a mellora dos erros e das dúbidas o Maquisaba non fixo máis que crecer e demostrar o seu bo facer no 40×20.
Na próxima xornada xogarán na casa fronte ao Bm Ribadosar, na procura de dous puntos que as acheguen ao terceiro posto.