O pasado sábado o Garaysa Xiria desprazábase a Coruña para xogar o partido correspondente á xornada 21, partido vital para os carballeses contra un rival directo como é o Oar.
O partido afrontábase como unha das 3 finais que lle quedaban ao Garaysa para poder terminar na sexta posición e, ao mesmo tempo, un derbi contra un equipo veciño.
Dende o comezo do partido a igualdade reinou no marcador, con boas defensas en ambos equipos que se impoñían aos ataques, algo precipitados. A defensa dos carballeses con moita anticipación era capaz de manter alonxados aos xogadores máis grandes do equipo local. No ataque, atopábase dificultade na zona centro da defensa e os nervios axudaban ás imprecisións. Con todo o Garaysa foi capaz de crear unha pequena ventaxa no marcador coa que nos marchamos aos vestiarios (10-12).
A volta dos vestiarios, nos primeiros minutos, o Oar foi quen de recurtar a diferencia no marcador e poñer as tablas. O equipo coruñés conseguía facer daño no xogo co pivote. A partir de ahí o traballo e a entrega foron a seña do Garaysa, chegaron a quedar con 4 xogadores en pista e foron quen de manterse no partido. De este xeito chegamos a os últimos instantes do partido con igualdade. A falta de 40 segundos o Garaysa tivo un ataque para poñerse un gol por encima no marcador e, despois de unha boa xogada, un lanzamento dende o extremo foise fora. Últimos 13 segundos e balón en posesión para o Oar, un xogador local comete pasos ante a presión dos carballeses e retén o balón impedindo o saque rápido. Coa norma dos últimos minutos a acción sancionase con tarxeta azul e sete metros a favor do Garaysa, gol,vitoria e seguimos na loita pola sexta praza. Destacar o traballo e entrega dos xogadores carballeses nun partido con tanta tensión.
OAR CORUÑA 24 (10+14) A. Dalman, Victor Alonso, Diego Louzao (2), Adrián Pérez (10), Juan Alfonso, Alejandro Vasallo (2), Antón Casas (2), Efrén Oviaño (8), Pedro Varela, Martín Rodríguez, Daniel Garea.
GARAYSA XIRIA 25 (12+13) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García (1), Pedro Porteiro, Samuel Regueira (3), Ángel Viña (4) , Samuel Veiga (1), Erik Vázquez (3), Pablo Veiga (4), Xurxo Fraga (7), Alberto Rodríguez (2).


