O equipo de segunda territorial comezaba a liga esta fin de semana tendo que desprazarse ata Vigo para enfrontarse ao Bm. Lavadores. Dous equipos con moita xuventude que de seguro ían a amosar un balonmán vistoso.
UB LAVADORES VIGO B 25- XIRIA B 36
O partido comezou con moita igualdade, con un equipo local con moito dinamismo e, conseguindo facer moito dano aos carballeses con accións de xogo sen balón. A defensa carballesa con pouca profundidade e movilidade non conseguía amosar o nivel que pode ter. Cerca do final da primeira metade, unha serie de acertos en defensa e varias accións positivas no ataque facían que os carballeses se fora ao descanso con 3 goles de ventaxa.
Á volta dos vestiarios a defensa dos carballeses conseguiu frear as acometidas do equipo local e pouco a pouco o Xiria fíxose co dominio dun partido que ata ese intre estaba a ser igualado. A partir de esta diferenza ao comezo da segunda metade o Lavadores non conseguiu reaccionar e o partido foi para os carballeses.
Bo comezo de liga, compre non descuidarse nun liga que vai a ser difícil.
Por último, mandarlle unha morea de folgos a Erik que se volviu a mancar do seu xeonllo.