Vitoria nun completo partido do Garaysa Xiria

O Garaysa viña con ganas de facer un bo partido para quitarse a espiña do partido que tivo que ser aprazado en Pontevedra, xa que a pista non deixaba xogar en condicións optimas, e no que se encontraban abaixo no marcador. De este xeito tomaban o partido do domingo no Gatañal con moitas ganas de facer o que lles gusta.

O comezo do partido foi igualado, pero grazas a unha defensa moi anticipativa, con vos cambios de opoñente o Garaysa conseguía as primeiras rentas no marcador.  O ataque comezou con imprecisións, buscando espazos onde non os había e chocando contra os defensores do Cangas. Sen embargo en canto se impuxo o criterio dos carballeses xerando espazos mediante a mobilidade dos xogadores e da pelota conseguiron bos resultados. De este xeito conseguiuse unha primeira metade moi equilibrada, e o paso polos vestiarios o marcador reflexaba 12-18.

A volta dos vestiarios o Garaysa continuou a facer un traballo defensivo moi bo e ben estructurado, conseguindo así rápidas contras para os avanzados carballeses que facían que as rentas aumentase. A partir de ese intre os carballeses non baixaron en ningún momento a intensidade. O resultado final 25-33 dalle aos carballeses dous puntos moi importantes e folgos para seguir nesta apaixoante liga.

LUCEROS 25 (12+13) Eloy Pérez, Gabriel Miranda , Mauro Sotelo, Gael Pais, Borja Fernández, Hector Da Cunha, Lucas Jimenez, Alexandre, Antonio Rodal, Diego Soage, Hugo Portas, Eloy Domínguez, Tiago Hermida.

GARAYSA XIRIA 33 (18+15) Hugo García (3), Manuel Pérez (3), Xurxo Fraga (7), Marcos Amarelle, Miguel Cambón (1) ,  Ángel Villar, Manuel Rey (1), Erik Vázquez (7), Pablo Veiga (7), Daniel Bello (p),  Pablo Suárez (4).