Na pista atopábanse os dous equipos que loitaban por rematar a liga na quinta posición e todo facía presaxiar un duelo intenso e con emoción. Dende logo os visitantes saíron con esa intención ao parqué carballés, xa que en catro minutos levaban ao electrónico un 0-2 que deixaba claras as súas intencións, pola súa parte o Calvo Xiria erraba os seus tres primeiros lanzamentos e en defensa non funcionaba ao nivel habitual. Mais foi lograr marcar os carballeses o primeiro gol e provocar un cambio radical no encontro. Defensa e portería afinaron o seu traballo e os goles caeron un tras outro para facer en dez minutos un parcial de 9-1 que deixaba moi tocado á SAR, incapaz de atopar espazos de lanzamento ante o sistema defensivo carballés e sen balance defensivo que puxera dificultade aos contragolpes locais. Marchou o Xiria ao tempo de lecer cun +8. No segundo tempo repetiuse o mesmo guión dos primeiros minutos, un 0-2 a prol dos redondeláns, contestado por un parcial de 4-0 por parte dos locais que elevaba a diferenza a dez goles e pechaba o encontro cando quedaban aínda 25 minutos por xogarse. A partir de ese intre so agardaban uns e outros o asubío final que chegou cando o marcador sinalaba o 31 – 19 que deixa nas mans carballesas a quinta praza definitiva da liga de 1ª Estatal. Agora quédalle ao Calvo Xiria o derradeiro partido de liga que se disputa este sábado ás 19:00 en Vigo.
Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante 400 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 1-2, 4-3, 9-3, 13-4, 15-6, 16-8 descanso, 17-11, 21-11, 24-12, 27-14, 29-18, 31-19. Colexiados: Pablo Álvarez Vázquez e Lucas Crespo Gómez do colexio galego. Exclusións polo Calvo Xiria; Jorge Bouzas (27´), Ramón Suárez (32´), Manuel Méndez (41´), e por parte da SAR; Diego Domínguez (11), Carlos Rey (14´e 41´), Imanol Cobián (38´), Francisco Vidal (44´), Ramón Otero (44´), David Puga (45´), Damián Rodríguez (56´). Sete metros: Calvo Xiria 8 / 8, Sar 3 / 4.
CALVO XIRIA 31 (16+15): Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Alejandro Naya [p], Sergio Facal (4), Brais Puñal (5), Martín Alfeirán (3), Jorge Bouzas (6), Pablo Iglesias (8), Gonzalo Pombo (1), Carlos A. Lema (2), Mario García de Seárez, Julián López (1), Manuel Méndez (1), Ramón Suárez-Pumariega, Alejandro Calvete.
SAR PLASTIC OMNIUM 19 (8+11): Marcos Colinas [p], Daniel Pereira [p], Damián Rodríguez (2), Antón Rey (7), Imanol Cobián (1), Ramón Otero, Carlos Rey (1), Diego Domínguez, David Parcero, David López (4), David Puga (1), Francisco Vidal, David Muiños (2), Iván Vázquez (1).