Vitoria para o Garaysa Xiria en Chapela

O sábado 11 viaxaba o Garaysa Xiria  a Chapela para xogar o partido correspondente a xornada 7. Enfrontábanse dous equipos que necesitaban unha vitoria.

Este partido antoxábase igualado e así foi de comezo a fin. Este partido estivo marcado pola superioridade dos ataques fronte as defensas. O equipo carballés, moi despistado nas labores defensivas, tiña complicacións nos cambios de opoñente o que terminaba por deixar a xogadores sen marcar. No ataque estaba máis acertado, sobre todo nas acción de un para un onde era capaz de superar o defensor ou xerar algún espazo. Con todo esto, o Garaysa conseguía algunha que outra renta grazas ao acerto no ataque e ,o bo facer na portería, servía para correxir os erros defensivos. De este xeito chegouse ao descanso con 11-12 no marcador.

Nos primeiros minutos da segunda parte o Garaysa axustou na defensa e conseguíu distanciarse en 3 goles. Sen embargo volveron os desaxusten defensivos e a distancia reduciuse. O ataque seguía a funcionar, pero perdíanse demasiados balóns por precipitacións. O últimos minutos estiveron marcados pola tensión, pero o Garaysa foi capaz de manter a renta ata o final, terminando o partido con 27-29.

A pesar dos erros defensivos o Garaysa soubo imponerse grazas a boa labor na portería carballesa e a os acertos de cara a portería. De este xeito consegue a segunda vitoria de temporada e enchese de folgos para afrontar os vindeiros partidos.

BM CHAPELA 27 (11+16) Hugo Correa, Hugo Alonso (13), Pablo Álvarez (3), Guillermo Lago (2), Xoel Fernández (4), David López, Yago Raimundez (2), Ángel Pérez (3), Abraham Martínez, Aitor Vilas, Nicolas Diez

GARAYSA XIRIA 29 (12+17) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García, Pedro Porteiro, Samuel Regueira (2), Ángel Viña (3), Samuel Veiga, Erik Vázquez (7), Pablo Veiga (5), Xurxo Fraga (10), Aarón Rodríguez, Alberto Rodríguez (2)